sábado, 22 de agosto de 2015

Pena da Serpe de Vilaescura (Xoana y Miguel)

No terceiro día de traballo en Sober rematamos o primeiro dos catorce murais na Ribeira Sacra.
A PENA DA SERPE DE VILAESCURA
Cóntase, xa hai moitísimos anos, cando os mouros chegaron a esta zona de Galicia, que unha fermosa moura namorouse dun rapaz da vila. Os xoves namorados víanse ás agachadas na fraga, sempre no mesmo lugar, onde había unha enorme pedra nun camiño perdido. Un día, a familia da moura decatouse do que estaba a acontecer e decidiron asasinar o mozo, pois por entón non se concebía unha história de amor tal entre dous sangues e culturas tan desemellantes. Cando a fermosa muller descubríu a morte do seu namorado, entoleou. Fixo un feitizo e converteuse en negra serpe. Desde entón ronda a gran pedra que escondía as citas segredas da parella na fraga, suponse que agardando a que apareza o seu namorado. Por iso, hoxe en día, cando un pasea polas fragas de Vilaescura e pode ver unha serpe negra, ten bon coidado de non magoala; está rondando a pedra da moura.
(Fonte: Antonio Reigosa galiciaencantada.com)
-------------------------------------------------------------------------------------------
En el tercer día de trabajo en Sober hemos terminado el primero de los catorce murales que vamos a hacer en la Ribeira Sacra.
LA PIEDRA DE LA SERPIENTE DE VILAESCURA
Se cuenta, hace ya muchísimos años, cuando los mouros llegaton a esta zona en Galicia, que una hermosa moura se enamoró de un joven de la villa. Los jóvenes enamorados se veían a escondidas en el bosque, siempre en el mismo lugar, donde había una enorme piedra en un camino perdido. Un día, la familia de la moura se dió cuenta de lo que estaba pasando y decidieron asesinar al joven, pues por entonces no se concebía una historia de amor tal entre dos sangres y culturas tan distintas. Cuando la hermosa mujer descubrió la muerte de su enamorado, enloqueció. Hizo un hechizo y se convirtió en serpiente negra. Desde entonces ronda la gran piedra que escondía los secretos encuentros de la pareja en el bosque, se supone que esperando a que aparezca su enamorado. Por eso, hoy en día, cuando uno pasea por los bosques de Vilaescura y ve una serpiente negra, debe tener cuidado de no dañarla, está rondando la piedra de la Moura.
(Fuente: Antonio Reigosa galiciaencantada.com)

No hay comentarios:

Publicar un comentario